O vindeiro xoves, 23 de novembro ás 17:30, o mestre de artesanía do coiro Pepe Pereira coordina na hemeroteca a seguinte actividade: Aproximación ao Calzado Artesanal. Será impartida por Alejandro Casado
Martínez, membro do grupo artesán ARTCUERO (Madrid).
Alejandro é un coñecido Artesán do
Coiro, especialista na elaboración de calzado artesán tradicional.
O seu traballo foi exposto no Espazo EMAO en 2015 no contexto da
exposición "Coiro... ainda que non o pareza" e
forma parte xunto con Sara Montero e Michael Nadeau do grupo artesán
ArtCuero que dende hai uns anos se adica á ensinanza dos oficios do
coiro e o traballo no obradoiro para a elaboración de pezas, ademáis
de facer demostracións en diferentes eventos e centros de ensino.
Nesta actividade nos fará unha
exposición de coñecementos xerais a ter en conta para a elaboración
de estas pezas como son o pé, a horma e o calzado. E realizará
demostracións práctica do montaxe dun zapato e demostración
práctica da costura empalmillada.
Destinatarios:
público en xeral (previa inscrición) e alumnado da especialidade.
Prazas
limitadas.
Lugar:
Hemeroteca da Escola Municipal de Artes e Oficios.
IMPORTANTE
PARA A INSCRICIÓN
Para solicitar a inscrición nestas
actividades deberá enviarse un correo electrónico a emao@vigo.org
coas características que se detallan:
- Indicar no Asunto: “Aproximación Calzado Artesanal”
A admisión, ata completar as 50
prazas reservadas farase por estricta orde de chegada do correo
electrónico ao enderezo indicado.
A
relación de persoas admitidas publicarase no taboleiro de anuncios
da Escola e no Blog da especialidade de Artesanía en coiro
Enviarase
ás persoas admitidas un correo electrónico de confirmación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario