Antón Corral, figura clave na música tradicional galega e
mestre na nosa Escola durante moitos anos, será homenaxeado esta tarde
en Tui. Será a partir das 20:30 horas no Teatro Municipal, e contará
coa participación de Carlos Núñez, Anxo Lorenzo e Anxo Pintos. Xunto a eles formacións vinculadas a Antón Corral como a banda de gaitas Xarabal, os grupos tudenses Arume de Malvas, Lembranzas da Terra de Guillarei e Santa Columba de Ribadelouro. (Fonte: A Voz de Galicia)
Ningún comentario:
Publicar un comentario