Martes, 6 de marzo ás 20:00
12ª Sesión do seminario "A imaxe e os seus interrogantes nas artes e as humanidades" impartido por Oscar Scopa, destinado a persoas vinculadas ás artes e ás humanidades que se inscribiron previamente.
Mércores, 7 de marzo ás 19:00
O Estado da Cuestión do Ateneo Atlántico propón a diversos especialistas que nos dean a súa opinión sobre a situación da música en Vigo. O acto será presentado pola poeta e activista musical Silvia Pena, e, a día de hoxe, está confirmada a presenza de:
- Rasa Biveiniene Jakutyte. profesora do Conservatorio superior de música de Vigo.
- Luis Campos. Promotora e festival Sinsal.
- Raquel Seijo. Compositora e produtora de SweetDreams.
- Segundo Grandío. Produtor.
- Patricia Hermida. Avogada especialista en dereitos de autoría.
- Anxo Pintos. Músico e profesor da Escola municipal de música folk e tradicional.
- Felipe Villar. Jazz Nigrán.
Xoves, 8 de marzo ás 19:30
"É Vigo realmente fiel?" Nova conferencia do Forum-IEV a cargo do xornalista e membro do Instituto de Estudios Vigueses, Jorge Lamas. Presenta Eduardo Rolland.
A intitulación da Cidade de Vigo é "Fiel, leal y valerosa, y siempre benéfica ciudad de Vigo”; con todo, a documentación existente
non permite certificar a presenza do adxectivo Fiel nesta inscrición.
Non quere dicir que non sexa certa, pero si que ata o momento ninguén
puido mostrar o documento legal que xustificaría a súa presenza. O
Arquivo Municipal de Vigo, así como documentación do Goberno de España,
permiten situarnos nos distintos tratamentos dados a Vigo ao longo da
historia.
Venres, 9 de marzo desde as 10:00 ata as 17:00
Angular é unha plataforma de código aberto para crear aplicacións web
desenvolvida por Google e a comunidade. Ofrece varias ferramentas para
crear de maneira sinxela unha aplicación dinámica e interactiva que se
pode executar en exploracións de escritorio, dispositivos móbiles e
mesmo robots. Organiza Ana Cidre. Prazas limitadas! Apúntache aquí: ngGirls @ Galicia
Ningún comentario:
Publicar un comentario