Xa podedes ver o catálogo da exposición "Que ninguén marche con lareca"
que se pode visitar no Espazo Emao, a sala de exposicións da Escola
Municipal de Artes e Oficios de Vigo ata o vindeiro 21 de setembro. Esta
exposición insírese na programación do Espazo EMAO
que contempla a realización dun proxecto expositivo singular ao remate
do curso académico.
Arte, cultura, oficios, comida, fame... o cociña da Escola de Artes e
Oficios prendeu os fogóns dos obradoiros para encher de viandas a noso Espazo EMAO.
Ao redor da mesa, alumnado e profesorado prepararon potas e tixolas, e
cos ingredientes do seu oficio: interdisciplinariedade, cooperación,
creatividade e excelencia técnica, obraron un bo menú. Un menú fabricado
de excesos e faltas, de enchentas e baleiros, de propostas nutricias e
da fame, esa ausencia.
Comisariado: Pepe Pereira e Alba Pardo, mestres de Artesanía en Coiro e de Serigrafía artística da EMAO Especialidades participantes: Serigrafía artística, Debuxo artístico, Pintura, Artesanía en Coiro, Deseño e encaixe de palillos, Ourivaría, CAIM Gaita e Zanfona, Moda e confección, Cerámica artística, Talla e escultura en madeira. Cartaz: Jacobo Fernández, mestre de Pintura da EMAO Produción e montaxe: Alumnado e profesorado da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Coordinación: Rafael Ojea, técnico do Concello de Vigo
Axudante de montaxe: Alberto Couñago
Colabora: Banco de alimentos de Vigo
DESCARGA O CATÁLOGO EN PDF (14,2 Mb)
DESCARGA O CATÁLOGO EN PDF (14,2 Mb)
Ningún comentario:
Publicar un comentario