20 de nov. de 2019

Presentación da Programación de Concertos da Temporada 2019-2020 da Orquestra Vigo 430

Foto da Voz de Galicia
O Ateneo Atlántico organiza esta tarde, ás 20:00 na nosa hemeroteca, a presentación da programación de concertos da nova temporada 2019-2020 da Orquestra Vigo 430 e do seu programa EscoitAntes.
Os relatores son Javier Escobar Vidal, catedrático de viola no Conservatorio Superior de Música de Vigo e director artístico da orquestra viguesa, e Cándido Cabaleiro Paz, profesor superior de piano e mestre en educación musical, que prepara e imparte as sesións do taller EscoitAntes. 
Trátase dunha iniciativa da Orquestra Vigo 430 en colaboración coa Universidade de Vigo consistente nunha sesión de escoita activa para preparar ao público antes de cada un dos concertos da orquestra e así axudar a unha mellor comprensión e goce dos mesmos. 
O acto de presentación dos concertos 2019-2020 compleméntase cunha intervención musical a cargo de dous músicos da orquestra: Laura García no violín e Metin Atasoy na Guitarra. Interpretarán a Sonata concertata en tres movementos para violín e guitarra de Niccolo Paganini.

Ningún comentario:

Publicar un comentario