28 de xan. de 2011

ESPAZO EMAO, A NOVA SALA DE EXPOSICIÓNS DA ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS




HOXE 28 DE XANEIRO ABRE AO PÚBLICO A NOVA SALA DE EXPOSICIÓNS DA ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO




Proxecto apertura reúne obras seleccionadas de alumnado actual e recente da Escola nas especialidades de Debuxo, Pintura, Escultura e talla en madeira, Serigrafía artística, Encadernación artística, Cerámica artística, Moda e confección, Encaixe de Palillos, Artesanía en coiro e Construcción de instrumentos musicais (Gaita, zanfona e luthería antiga). As 50 obras expostas fan un percorrido pola actividade da Escola e amosan a gran calidade artesana e artística que teñen acadado as ensinanzas nas distintas aulas e obradoiros. No seu conxunto supón unha interesante e amena exhibición de obras que supoñen un alto grao de madurez no que se pode apreciar unha esixencia de altísima profesionalidade e creatividade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario