Damián Valles é un tallista, restaurador e escultor pontevedrés afincado profesionalmente en Alemaña dende o ano 1991, onde goza dun gran prestixio e conta co seu propio obradoiro. Na actualidade está desenvolvendo un dos proxectos máis interesantes da súa carreira: a restauración da carroza de gala da raíña prusiana Luísa, esposa do último rei prusiano Federico Guillermo III. A carruaxe foi construída en 1789 e está considerada como unha das máis importantes de Europa e tecnicamente adiantada a súa época.
O traballo que desenvolve Damián Valles consiste nas tarefas de talla e escultura en madeira de nogueira francesa de diversos motivos da carruaxe. Prevese que as labores de restauración queden rematadas en 2012.
Ningún comentario:
Publicar un comentario