18 de abr. de 2012

EXPOSICIÓN DE XANDRA COSTAS NA CANTINA CANDELA


A Cantina Candela, situada na rúa Martín Codax número 12 da cidade de Vigo, acolle estes días unha exposición de serigrafías realizadas  Xandra Costas, alumna de serigrafía artística da nosa Escola.
Os traballos que alí se poden contemplar foron realizados por Xandra no taller da EMAO (Escola de Artes e Oficios de Vigo). A mostra consta de 9 debuxos cunha clara temática feminina. Estes traballos están inspirados nos cadros do pintor estadounidense Edward Hopper, ao que a autora enfronta con motivos florais. Podedes visitar a exposición ata o próximo día 31 de Maio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario