10 de nov. de 2010

O MUNDO DO CÓMIC NOS ESPAZOS DA ALCALDÍA DE VIGO



Inaugurouse o martes, 9 de novembro, unha nova mostra do ciclo "Mostrarte", no que consagrados e noveis artistas vencellados á cidade olívica expoñen o seu traballo na Alcaldía do Concello de Vigo. A iniciativa ábrese ao cómic coa presenza do vigués Alex Cal, o ilustrador máis novo en publicar coa editorial Marvel Comics, responsable de éxitos como Spiderman, entre outros. Desde 2009 debuxa para a serie G.I.JOE, onde incluiu distintas imaxes da cidade de Vigo.

Foto publicada no blog de Alex Cal

Ningún comentario:

Publicar un comentario