18 de nov. de 2010

PREMIOS DA CULTURA GALEGA 2010

Reunión do xurado do Certamén
Os sete premiados cos galardóns da Cultura Galega foron dados a coñecer onte pola Consellería de Cultura, con diploma e sen dotación económica. Os  premiados recibirán os galardóns en recoñecemento do traballo creativo en Galicia e a súa expansión no exterior nas modalidades de Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural, Promoción Cultural de Galicia, Música e Creación Audiovisual. Agustín Fernández Paz, Menchu Lamas, Eduardo Alonso Rodríguez, a Fundación Barrié de la Maza, a Editorial Galaxia, a Orquestra Sinfónica de Galicia e a produtora Vaca Films son os galardoados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario