16 de nov. de 2010

O MUSEO ABC DE DEBUXO E ILUSTRACIÓN



Inaugurase mañá en Madrid o Museo ABC, un centro dedicado ao debuxo e á ilustración. O novo museo ocupa 3.850 metros cadrados dunha antiga fábrica de cervexa, este espazo acollerá a Colección ABC que conta cun fondo dunhas 200.000 obras asinadas por máis de 1.500 artistas, entre eles Juan Gris, Dalí, Benlliure, Mingote, Enric Climet, Sáenz de Tejada, Penagos...
Ademais da conservación, estudo e difusión da Colección ABC, o novo museo, nace co obxectivo de ser un espazo vivo, onde terán o seu lugar disciplinas como a banda deseñada e a animación, e estará dirixido tanto a especialistas como a tódolos públicos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario