16/11/2010

O VIGO DO CAFÉ DERBY


En "Algo máis que un café: o Derby de Vigo (1921 - 1968)" Albino Mallo retrata o Vigo do Café Derby.
" ...Houbo un tempo no que a elite intelectual do país pasaba as tardes en torno a un café, unha cervexa, ou un vermú nun local do centro de Vigo coñecido como o café Derby. O Derby era un deses antigos cafés, ao estilo dos do século XIX no que, persoeiros como Manuel Antonio, Maside, Paz Andrade ou Isaac Díaz Pardo compartían bebida e tertulia, nun recinto que non tiña nada que envexar, por exemplo, ao lendario Café Gijón de Madrid. Eran varios faladoiros os do Derby, dos cales un xiraba en torno ao proxecto da editorial Galaxia, composta por Francisco Fernández del Riego, Ramón Piñeiro, Álvarez Blázquez ou Celso Emilio Ferreiro. Outra das principais tertulias que tiveron lugar na histórica cafetería viguesa era a dos pintores, onde se xuntaban persoeiros como Laxeiro, Urbano Lugrís ou Colmeiro ..."

Ningún comentario:

Publicar un comentario