Ilustración: Xosé Antón García-Ledo |
Un grupo de investigadores do Instituto de Estudos Galegos "Padre Sarmiento" retratou a partir da bibliografía e materiais novos e inéditos a biografía de 300 mulleres da aristocracia galega do momento, como Aldonza de Mendoza, Maior de Ulloa, Tareixa de Zúñiga, Constanza de Castro ou Leonor Yáñez de Romay. O proxecto cristalizará na edición dun volume, no que se incluirán tamén as ilustracións de Xosé Antón García González-Ledo. As biografías desvelan a difícil situación das mulleres na época, e os seus esforzos por preservar os seus dereitos, como recuperar a dota ou non ser casadas cando nenas. O CSIC editará un volume cos resultados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario