Mañá venres 21 de xaneiro ás 20  horas terá lugar no Museo Verbum – Casa das Palabras a inauguración da  mostra “Valle-Inclán, Palabra e Imaxe”. 
A Mostra “Valle-Inclán, Palabra e Imaxe” pretende dar unha visión da  personalidade do escritor a través das caricaturas e retratos feitos  polo pintor Siro López á vez que nos quere descubrir a obra en galego do  autor, o poema “Cantiga de Vellas” que xunto con outros dous  representativos da súa relación con Galicia acompañaran ás ilustracións e  nos introducirán a lírica valleinclanesca. 
Recital. Venres 21 de xaneiro ás 20h.  Intervirán Teo Cardalda e María Monsonís estreando 3 poemas de  Valle-Inclán musicados polo compositor vigués  que forman parte  do seu  próximo proxecto para o 2011: "Claves Líricas", un disco libro sobre o  autor.
Conferencia. Ilustración e literatura con Valle-Inclán como modelo. Venres 18 de febreiro ás 20h. Conferencia a cargo de Siro, autor das ilustracións da exposición sobre a figura do escritor.
Conferencia. Ilustración e literatura con Valle-Inclán como modelo. Venres 18 de febreiro ás 20h. Conferencia a cargo de Siro, autor das ilustracións da exposición sobre a figura do escritor.

Ningún comentario:
Publicar un comentario