Tras o seu peche no Centro Social Novacaixagalicia de Santiago, o de Vigo mostrará a partir do 20 de xaneiro ata o 20 de marzo, a exposición "Colección Zanchi. Grandes mestres" que reúne unha selección de 40 pezas desta pinacoteca privada. A mostra permite realizar un apaixonado percorrido pola creatividade de Europa da man de excepcionais figuras da arte europea (Mantegna, Turner, Durero, Tiziano, Tintoretto, Miguel Angel, Van Dyck, Caravaggio, Rubens, Murillo, Ribera ou Ingres).
Ningún comentario:
Publicar un comentario