O vindeiro mércores 2 de febreiro, como actividade nesta última semana da exposición A Arte de Facer Libros, teremos a oportunidade de escoitar na Casa das Palabras ao prestixioso editor de libros de arte Emilio Sdun para contarnos a súa experiencia como editor de arte. A través das súas vivencias dende 1984 poderemos coñecer máis en profundidade o proceso de creación de libros singulares e edicións de luxo.
Emilio Sdun, de orixe alemán e con residencia en Cuevas del Almazora, é un dos principais tipógrafos e calígrafos do panorama estatal. Cursou estudos de tipografía na escola de Artes e Oficios de Berlín. Na súa editorial, Prensa Cicuta (fundada en Frankfurt en 1984 e trasladada no 1996 a Almería), constrúense libros de artista mediante técnicas gráficas de composición e impresión tradicionais adaptadas ao noso tempo. Os seus cursos son moi solicitados por institucións, escolas e facultades de Belas Artes de toda España. Moitas das súas obras pódense visitar en museos, bibliotecas e coleccións privadas de prestixio e ao longo de todo o globo e teñen formado parte de importantes exposicións. A súa labor foi premiada con diferentes galardóns como o V-O Stomps de Maguncia, a máis alta distinción alemá da impresión mediante prensa.
Lugar: Aula de Seminarios. Verbum Casa das Palabras
Avenida de Samil, 17
36212 Vigo
986 240 130
Hora: 19h.
Entrada: Gratuíta ata completar aforo
Conferencia interesantisima sobre a edicion dos libro, como unha forma de arte, libros preciosos e curiosisimos, Editorial Cicuta super recomendables.
ResponderEliminar