30 de mar. de 2011

3º CONCURSO DE FOTOGRAFÍA VIGO VELLO

"Vella belleza" de José Ángel Paz

O concurso de fotografía do Casco Vello da cidade olívica, que este ano se celebrará baixo o título "O novo Vigovello: unha visión en positivo do Casco Vello de Vigo", aspira a reunir na súa terceira edición máis de 400 traballos, que se exporán en polo menos 25 locais da zona.
O certame deste ano desenvolverase baixo a temática dunha 'visión en positivo' do barrio histórico olívico, co obxectivo de que cada vez máis xente se achegue ata alí, ao tempo que se poidan ir mellorando as condicións de vida.
O prazo para presentarse ao concurso 'O novo Vigovello: unha visión en positivo do Casco Vello de Vigo' comezou este martes 29 de marzo e prolongarase ata o 25 de abril. Os interesados poden inscribirse e informarse na páxina web www.vigovello.com.
Bases do concurso.

1 comentario:

  1. Es una pena que un concurso que se resulta tan bien en las dos ediciones y que sea tan maltratado por sus organizadores. Estamos en septiembre y aún no se ha dado el fallo del jurado. Una pena !!

    ResponderEliminar