29/03/2011

PRESENTACIÓN DO LIBRO DE RELATOS: AS PALABRAS QUE MOVE O MAR


O vindeiro xoves, 31 de marzo, ás 20:00 h. na Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios, tera lugar o acto de presentación do libro de relatos: AS PALABRAS QUE MOVE O MAR de Xaime Toxo, escritor, pedagogo e presidente do Ateneo de Pontevedra, o acto contará coa participación de Rafael Ojea, Daniel Bernárdez, Manuel Bragado e Xaime Toxo.
"As palabras que move o mar son catro relatos longos que teñen como fío condutor a memoria e a construción da identidade alicerzada neses recordos que permanecen imborrables na nosa vida ao longo dos anos. O destino é ser devorados por ese vendaval que é o paso do tempo. As palabras que move o mar é un dique contra o que bate a marusía gris e invernal do esquecemento."

Ningún comentario:

Publicar un comentario