10/03/2011

MERENDACEA, UN RECITAL DE POESÍA E ALGO MÁIS.


O vindeiro 18 de marzo, terá lugar no Verbum un recital de poesía diferente, menos solemne pero feito con moito cariño, nel colabora unha alumna da Emao, Yolanda Fernández González Almuiña, ela invitanos a todos a participar nun acto moi singular.
Merendacea é un espectáculo colectivo, elaborado a modo de cabaret, que ten como denominador común a lírica. Nace da necesidade de experimentación dun grupo de creadores que procuran novas maneiras de transmitir o feito poético. Por iso en Merendacea hai poesía, música, danza, teatro, videocreación, e, sobre todo, moito humor. 
Na primeira sesión de Merendacea poñerán poesía, e outras cousas, Ledicia Costas e a bailarina Nuria Baila; Xabier Xil Xardón; Daniel Landesa e a pintora María Longa; David Rodriguez; Lara do Ar; Miguel Valverde; María Reimondez e o titiriteiro Borxa Ínsua. O dúo eléctrico IgMig encargarase da parte musical, e as poetas María Lado e Lucía Aldao oficiarán de presentadoras desta singular noite.
Merendacea é un proxecto producido polo Museo Verbum, Casa das Palabras de Vigo.
Máis información: Blog O Sorriso Felino

1 comentario:

  1. Dende o colectivo Merendacea ficamos enormemente agradecidos pola difusión do acto!

    ResponderEliminar