03/03/2011

MOSTRA "VERMELLAS. CHAMÁBANLLES ROJAS" NA CASA DAS ARTES DE VIGO


Até o 20 de marzo pódese visitar, na Casa das Artes de Vigo, a exposición Vermellas. Chamábanlles rojas (producida no 2009 por Lugo Cultural). A mostra pon nome e cara ás mulleres represaliadas tras o golpe de estado de 1936.
Esta mostra conta con documentación e textos de Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco, ademais da colaboración do equipo de investigación do Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces", dirixido polo catedrático de Historia Contemporánea na USC, Lourenzo Fernández Prieto, que ademais de prestar asesoramento histórico, cedeu numerosa documentación gráfica e un vídeo inédito da visita do presidente da república Alcalá Zamora á cidade da Coruña en 1934. A mostra completase con música dun grupo de novos intérpretes e uns gravados de Sara Lamas procedentes do libro de Claudio Rodríguez Fer  "Ámote Vermella".

Ningún comentario:

Publicar un comentario