26/04/2011

CESTERIA TRADICIONAL. PROGRAMA FORMATIVO, MAIO / XUÑO 2011


Durante os meses de maio e xuño, o CAT (Centro de Artesanía Tradicional de Vigo) desenvolverá unha nova oferta de obradoiros formativos co obxectivo de conservar e divulgar os oficios tradicionais de Galicia.
Centrada na cestería, artesanía de fondo arraigo na nosa cidade, a oferta está orientada para todo tipo de públicos con obradoiros de iniciación e especialización. Con eles o alumnado coñecerá a gran variedade de materiais, técnicas e formas dun oficio de tradición secular.
Como novidade, nesta convocatoria iníciase unha colaboración co Museo do Mar de Galicia co ciclo “Cestas do Mar” que terá continuidade en posteriores programas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario