25 de abr. de 2011

XERACIÓN NÓS TEATRO NO MUSEO VERBUM DE VIGO

 
Espectáculo teatral baseado nunha das xeneracións literarias e de pensamento máis importantes do panorama intelectual da historia de Galicia. Interpretado por dous actores e unha actriz, representarán aos menbros que constituiron a Xeneración Nós: Coevillas, Castelao, Risco, Otero Pedrayo... pasando dun a outro dentro dun xogo dramático. Este xogo débenos permitir saber quen é quen e cal é a súa achega a esta xeneración. Esta estrutura dramática vainos informando dos membros da xeneración cun claro sentido didáctico, pero sen perder de vista a parte emocional que fai do teatro unha experiencia irrepetible. 

Xeración Nós Teatro no Museo Verbum de Vigo, o 25 de Abril, as 19 h.  
Entrada gratuíta para todos os públicos ata completar aforamento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario