14 de xuño de 2011

UNHA NOVA EXPOSICIÓN DO COLECTIVO " O HALCÓN MILENARIO"


O Halcón Milenario presenta unha nova proposta colectiva, nesta ocasión tratase dun grupo de artistas emerxentes ligados ao mundo do debuxo, o cartel e a pintura.
Firecream é o fanzine que autoeditan cando e como poden  Andrés Magán, Arturo Mosquera, Betty Blue, Santi Pistolas, Santi Zubizarreta, Sara Goberna, Roberta Vázquez e Teresa Ferreiro. Por mor da publicación do Firecream nº 3 inaugúrase unha exposición onde se poderá ver o traballo colectivo e individual dos seus colaboradores.
A inauguración será o venres 24 de xuño ás 21 h. na rúa Cervantes 18, 1º D de Vigo.
Permanecerá aberta ao público todos os venres ata o 29 de xullo de 19 a 22 h.
Máis información en:
Atlántico Diario
Dot Galicia Magazine

Ningún comentario:

Publicar un comentario