30 de xuño de 2011

XXXVII FEIRA DO LIBRO DE VIGO


 
A XXXVII Feira do Libro de Vigo abre mañá día 1 de xullo as súas portas nos xardíns da praza de Compostela cunha participación de libreiros sensiblemente menor, pero cunha forte presenza de editoriais e escritores galegos, coa que a Federación de Libreiros de Galicia espera polo menos repetir o éxito de público da anterior edición. En total, serán 19 casetas: 9 librerías, 6 editoriais, a Biblioteca Central, a Deputación e a Secretaría da Feira.
Como en anteriores edicións, a Feira do Libro de Vigo virará ao redor de tres eixos: o público infantil, a participación de escritores galegos e un programa de actividades ao redor do libro, que inclúe o desconto do 10% no prezo dos libros, agasallos e sorteos, que teñen como finalidade achegar a literatura ao público en xeral. O pregón da escritora viguesa Iolanda Zúñiga inaugurará oficialmente, ás 19.30 horas, a feira, que permanecerá aberta ata o 10 de xullo. Neste dez días, pasarán pola Alameda escritores como Agustín Fernández, Yolanda Castro, Fina Casalderrey, Francisco Castro, Antonio García Teijeiro e Miguel Anxo Fernández.

Ningún comentario:

Publicar un comentario