05/10/2011

ALUMNADO DE PINTURA DA EMAO NA VISITA AO PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE CAMPO LAMEIRO

Os alumnos escoitando as explicacións antes de comezar o obradoiro


Organizado polo Ateneo Vila de Bouzas, un grupo do alumnado de pintura participa, no día 1 de outubro nunha saída a Campo Lameiro.

O PARQUE ARQUEOLÓXICO da ARTE RUPESTRE CAMPO LAMEIRO alberga un importante conxunto de arte rupestre ao aire libre de Europa, pensado como un espazo de coñecemento e participación así como de experimentación, polo que dentro das actividades que ofrécense ao visitante, asemade da visita guiada polos petroglifos, hai diversos obradoiros, ben interesantes como rexistros, fabricación de xoias ou cerámica, entre outros.

O Museo, de magníficas instalacións, aproxima ao visitante ós pretroglifos, eses maravillosos debuxos en pedra, e ao tempo nos que se fixeron, na Idade de Bronce, ofrecendo unha visión xeral deste patrimonio rupestre e posto tamén en relación con outros conxuntos patrimoniais galegos e do resto de Europa.

O espazo expositivo do museo, exténdese fóra, nunha extraordinaria paisaxe cultural, de case 22 hectáreas, onde pode facerse o percorrido por as 10 estacións de petroglifos, e que conta con dous itinerarios, un principal e outro secundario, percorrendo a Laxe da Forneiriña, a Laxe dos Carballos, o Outeiro das Ventaniñas e a Fonte da Pena Furada, entre outros, dentro dun contexto ambiental, que llles dá sentido. Entre as actividades realizadas, quizais a máis emocionante foi ver como un especialista en arqueoloxía, tras unha aposta cunha alumna, fixo para nós lume, seguindo o método dos homes da Idade de Bronce, primeiro cun pao, e logo con dúas pedras, todo un luxo.
(Texto de Paula Mariño, mestra de pintura da Emao)


O grupo escoitando as explicacións do guía sobre a Laxe dos Carballos
A Laxe dos Carballos
Facendo os rexistros
A mestra Paula Mariño realizando un rexistro
Facendo lume con dúas pedras

Ningún comentario:

Publicar un comentario