María Luisa Cobián, alumna de pintura da Emao |
Un grupo de alumnos de pintura, realizou unha visita guiada a exposición de María Luisa Cobián, no mes de xullo, visitando asimesmo unha das moitas igrexas románicas existentes na bisbarra e o Pazo de Oca.
María Luisa Cobián, baixo o título de "As miñas mulleres, misterio e beleza" presenta unha mostra de obras de cerámica e pintura, realizadas na aula da EMAO, de técnica mixta na que pódese ver en algunas, unha clara influencia cubista. Esta influencia, que vese tamén nas esculturas, ten como referencia principal a Pablo Picasso, que marca unha importante influencia na súa obra.
Esculturas, de bulto redondo nun primeiro momento, nas que logo vai depurando a linguaxe ata converterse en delgadas planchas, furadas ou curvas dun minimalismo moi potente na súa poética.
A mostra, moi interesante desde o punto de vista da plástica, por conter tanto escultura como pintura, e foi comentada pola propia artista, explicando de xeito detallado cada obra e o seu proceso de modelado e cocción.
(Texto de Paula Mariño, mestra de pintura)
Parte dos alumnos que visitaron a mostra |
ESCULTURA I |
ESCULTURA II |
ESCULTURA III |
Ningún comentario:
Publicar un comentario