08/11/2011

EXPOSICIÓN "ANTONIO HEREDERO, IN MEMORIAM"


Baixo o título Antonio Heredero, in memoriam, a sala da Fundación Novacaixagalicia albergará desde o mércores 9 de novembro ata o próximo 11 de decembro, unha recompilación antolóxica da obra do pintor madrileño radicado en Vigo. Tres anos despois do falecemento de Antonio Heredero Guzmán (Madrid 1918-Vigo 2008), a súa familia presenta nesta exposición unha recompilación da obra do artista, mostrando medio centenar de pezas inéditas que nos transmiten a diversidade do traballo realizado ao longo de toda a súa vida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario