08/11/2011

EXPOSICIÓN "O HERMITAGE NO PRADO", 8-11-2011 ata 25-3-2012

 
Hoxe, 8 de novembro, o Museo do Prado abrirá ao público a exposición "O Hermitage no Prado", que mostrará a través de cento vinte obras a gran variedade e riqueza das coleccións do museo ruso -desde o século V a.C. ata o século XX, pasando por sobresalientes pezas de arqueoloxía, artes decorativas e os magníficos fondos de pintura, escultura e debuxo- que fan del un dos primeiros centros de arte do mundo. 
A exposición "O Hermitage no Prado" completa o intercambio de coleccións sen precedentes acordado entre os dous grandes museos, español e ruso, e iniciado no principio do ano coa presentación de "O Prado no Hermitage" en San Petersburgo. Os dous proxectos inscríbense no marco da celebración do ano Dual España-Rusia 2011.

Ningún comentario:

Publicar un comentario