12/12/2011

OBRADOIROS SOBRE A PERDA EN MARCO


Dentro das actividades paralelas da exposición YOU ARE NOT ALONE, o 14 e o 20 de decembro terán lugar nas instalacións do MARCO dous obradoiros impartidos por persoal do Grupo de Autoaxuda IMÁN CEDRO. A partir dun xogo de rol e visualización sobre o que significa perder algo valioso, trabállase o tema da perda da saúde e do VIH/SIDA, nun ton esperanzador e solidario.
· Destinatarios: os obradoiros están dirixidos a calquera persoa interesada, a partir dos 18 anos de idade.
· GRATUÍTOS, previa inscrición
· Máximo participantes: 20 persoas por obradoiro (coa posibilidade de organizar máis grupos noutras datas, en función da demanda de inscricións)   
. Información e inscricións 
MARCO, Dpto. Comunicación  
Tel. 986 113900 / 113903.  
pilar.souto@marcovigo.com 
. DATAS  
Mércores 14 e martes 20 de decembro
. LUGAR  
MARCO, salas de exposición e sala perimetral 1º andar
. HORARIO  
De 18.00 a 20.00

Ningún comentario:

Publicar un comentario