15 de xan. de 2012

EXPOSICIÓN DE JOSÉ LOURENÇO NA GALERIA BACELOS DE VIGO


A galería Bacelos  presenta desde 13 de xaneiro ata o 29 de febreiro, a exposición individual do artista José Lourenço "Story building".
José Lorenço constrúe un atlas visual da paisaxe urbana, tal como a arquitectura e a enxeñería compón hoxe en día. Esta exposición "Story building" céntrase nas cidades onde a vida non para, está en constante movemento e cambio.
Nela, vemos que hai un aspecto cinematográfico, coma se estivésemos diante dunha fotografía que condena a un bloque en movemento nunha fixación. A imaxe de acción desaparece a favor da imaxe puramente visual, o que provoca o nacemento da súa propia imaxe para ser un referente do tempo morto. Onde, o prolongado silencio e o baleiro é a corrente das cousas que ocorren no mundo. 
As superficies lisas e xeométricas forman un mundo frío e silencioso onde ninguén habita. Un mausoleo perfecto, que parece que foi deseñado por un proceso informatizado no que as precisas formas chaman á vida real. 
Existe unha certa teatralidad na capacidade de crear espazos silenciosos, meditativos, á vez que esa limpeza é sutilmente reformulada por elementos, diverxentes pero discretamente misteriosos. Para finalizar, son paisaxes psicolóxicas, lugares baleiros, sen presenza humana, pero onde existe o interese entre o público e privado, non como unha procura da espiritualidade, senón como unha inquietude que se expresa silenciosamente.  
José Lourenço presenta: 5 pinturas de acrílico sobre tea, 1 vídeo, 7 debuxos de tinta chinesa s/ papel. 
Lugar: c\ Progreso nº3 bajo, Vigo (Pontevedra) 36202  

Ningún comentario:

Publicar un comentario