15 de xan. de 2012

IX PREMIOS DE RELATO CURTO A IMANCIÑA


O Grupo de Autoapoio VIH Sida e Adicións IMÁN da Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Vigo “CEDRO” organiza o “IX PREMIOS DE RELATO CURTO A IMANCIÑA”, sobre o VIH e a figura da Imanciña. Dende IMÁN animan a participar, enviándolles os vosos traballos, xa que son uns premios pensados, non so, na calidade literaria, se non tamén como un medio de concienciación e sensibilización sobre o tema do VIH, no que todos e todas podemos colaborar, aínda que non sexamos virtuosos das letras.

Ningún comentario:

Publicar un comentario