20 de xan. de 2012

EXPOSICIÓN "TYPE IN MOTION" NA FUNDACIÓN BARRIÉ



A Fundación Barrié presenta, por primeira vez en España, Type in Motion, unha exposición do Museum für Gestaltung Zürich (Museo do Deseño de Zúric) que se está mostrando na súa sede de Vigo desde o 1 de decembro ata o 1 de abril de 2012. Esta exposición, composta por case 120 obras de máis de 80 deseñadores, ofrece un amplo informe sobre os importantes cambios da comunicación e os medios no mundo contemporáneo e mostra por primeira vez as tendencias máis destacadas no ámbito do texto en movemento, a través de vídeos musicais, secuencias de títulos de longametraxes e instalacións interactivas en tres dimensións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario