22 de xan. de 2012

"UNTO THY LAND" O PRIMEIRO AUDIOVISUAL DAS V XORNADAS AUDIOVISUAIS SOBRE CERÁMICA



"Unto thy land" é o primeiro audiovisual co que se inauguran as V Xornadas Audiovisuais sobre Cerámica. É este luns 23 de xaneiro do 2012. A hora, como sempre ás 19.00 h pero recordar que este ano cambiou de lugar, se se proxectarán no Concello de Nigrán pero non na Escola-Taller de Cerámica como en edicións anteriores, este ano o lugar de proxección é no Centro Antena. Unto thy land, é un audiovisual onde a súa directora Silvina Lansmann a captado con acerto a esencia do escultor Moshe Shek, mostrándonos as súas claves de traballo , a paixón que sente pola súa terra, pola riqueza das pegadas de civilizacións pasadas, o respecto por todo o herdado a través dos anos e o seu compromiso coa vida, todo iso forman parte da súa vida e de seu traballo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario