23/01/2012

REINICIADOS OS OBRADOIROS INFANTÍS DE FIN DE SEMANA NO MARCO



Dende o sábado 14 de xaneiro de 2012 reanudáronse no MARCO os obradoiros infantís de fin de semana. Ata finais deste mes, os contidos xiran ao redor das obras da exposición YOU  ARE NOT ALONE, e retoman algunhas das actividades da Festa Aniversario do pasado mes de novembro. A partir de entón, poránse en marcha novas propostas baseadas nas obras dos artistas presentes na exposición PRESENZA ACTIVA, a mostra colectiva sobre performance que se inaugurará o 9 de febreiro.

DESTINATARIOS 
Nenos/as a partir de 3 anos sós ou acompañados de persoas adultas 
DATAS 
A partir do 14 de xaneiro de 2012
LUGAR 
Laboratorio das Artes (1º andar)
HORARIO
Sábados e domingos de 12.00 a 14.00
PREZO  
· 3 € por neno/a  
· Adultos acompañantes: entrada gratuíta  
· Amigos do MARCO: entrada gratuíta (máximo 2 nenos por adulto)  
· Posibilidade de grupos concertados mediante cita previa

Ningún comentario:

Publicar un comentario