23 de xan. de 2012

EXPOSICIÓN "CAMIÑOS EN FEMININO" NO PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA


Destacamos a participación da mestra de pintura da nosa Escola, Paula Mariño, na exposición, "Camiños en Feminino" no Pazo da Cultura de Pontevedra.
"A exposición “Camiños en Feminino”, é segundo a periodista e crítica da arte, María Xesús Abeledo, no catálogo da mostra, “máis que unha exposición de arte, unha filosofía, orientada a visibilizar a un colectivo de mulleres creadoras”, que tenta ao mesmo tempo falar da importancia do camiño, do caminante, e da busca da identidade a partir do percorrido a través das obras de vinteunha artistas. 
Na mostra, que fará unha itinerancia cun percorrido por diversas ciudades tanto de noso país como do extranxeiro, asoma a particular visión de cada unha das artistas, que empregan distintas técnicas e diversos medios plásticos: instalacións, fotografías, pintura, escultura e que se complementa cun vídeo no que as artistas falan da súa proposta para esta exposición, na que varias delas presentan obra feita expresamente para a mostra.
Vinteun visións distintas do camiño, que desde o Pazo da Cultura da cidade de Pontevedra, presentará ata o vindeiro 29 de xaneiro, as obras destas artistas que pretenden amosar as súas propostas estéticas “dentro dunha visión ilimitada de posibilidades de expresión artística”, en palabras do comisario da mostra, Eduardo Dios Jaraiz, ante a mirada atenta do espectador".
Estas son algunhas das obras expostas:

Adriana Martín
Basilisa Fiestras
Beatriz Suárez de Saá

Carmen Hermo
Coco Pimentel
Lidia Costa
Montse Frieiro
Paula Cabaleiro
Paz Vicente
Silvia Capelo
Paula Mariño


Ningún comentario:

Publicar un comentario