9 de xan. de 2012

V PREMIO INTERNACIONAL PARA ÁLBUMS ILUSTRADOS


O Departamento de Educación do Concello de Santiago e Kalandraka convocan o V Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, cunha dotación económica única de 9.000 euros en concepto de adianto polos dereitos de autor. O prazo de presentación dos traballos rematará o 2 de marzo de 2012 e o fallo do xurado darase a coñecer en torno ao 2 de abril, no marco do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e das actividades da XII Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago.  

MÁIS INFORMACIÓN, nas seguintes ligazóns:
 
-Páxina de inicio da web de Kalandraka: www.kalandraka.com  
-Blog K: http://www.kalandraka.com/blog/2011/12/23/convocatoria-v-premio-internacional-compostela/
comunicacion@kalandraka.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario