7 de feb. de 2012

ANUARIO DE XOIERÍA CONTEMPORÁNEA



Proxecto editorial en versión inglés e español que ten como obxectivo promover e divulgar a xoiería contemporánea no mundo. Actualmente participan nesta comunidade editorial 150 creadores procedentes de 26 países que reúnen os máis diversas linguaxes creativas.
A editorial Kunstboek Stichting ten a intención de publicar este anuario internacional dedicado á xoiería contemporánea para mostrar as últimas tendencias e creacións, pois considera necesario que os novos talentos teñan unha plataforma e poidan atopar un lugar xunto aos deseñadores de xoias xa establecidos.
Para participar, descargar na web www.jewelbook.eu os formularios de inscrición, que se deberán enviar á sede da editorial xunto co material fotográfico solicitado antes do 1 de abril.
Este libro editarase en inglés, así que todos os documentos que se envíen deberán estar neste idioma.
* Documentación, jewel_book.pdf (479,0 KB)

    Ningún comentario:

    Publicar un comentario