07/02/2012

CONTEXTILE 2012, TRIENAL DE ARTE TÉXTIL CONTEMPORÁNEA

Primeira edición desta Trienal de Arte Téxtil Contemporánea, do 1 ao 14 de setembro, integrada na programación de Guimarãés 2012, Capital Europea da Cultura. Conta cun Premio de Adquisición de 3.000 eur e está aberta á participación internacional. Poderá participarse con obras realizadas entre 2009 e 2012 de calquera disciplina, pero tendo en conta os seguintes criterios:
1) As propostas a concurso terán que ser en torno ao elemento téxtil, pola realización, tema, concepto ou material utilizado.
2) As dimensións non poden exceder de 2 m en calquera dirección, e o peso máximo é de 20 kg. 
3) Obras de elevada creatividade, orixinalidade e competencia técnica.

As inscricións para participantes de países que non sexan Portugal terminan o 15 de febreiro.
Regulamento completo e boletín de inscrición (portugués e inglés) en:


Ningún comentario:

Publicar un comentario