08/02/2012

FALECE ANTONI TÀPIES


Antoni Tàpies, un dos grandes mestres da vangarda da arte do século XX, faleceu en Barcelona aos 88 anos. Con Tàpies desparece un dos grandes referentes indiscutibles da arte contemporánea mundial.Tàpies non foi só un gran pintor e escultor senón un intelectual de primeira orde, teórico da arte e coleccionista. Estaba moi influenciado pola espiritualidade oriental e especialmente o budismo zen. O contraste entre ese afán universalista e transcendente e o seu apego ao cotián e ata o doméstico, articulaba o que o artista tiña de máis persoal e único. A obra de Tàpies está marcada polas rugosidades, as rasgaduras, as gretas, as cruces e números e signos da súa mitoloxía persoal. O seu trazo é enigmático, a súa vontade intrincada, pero o seu estilo é inconfundible. Todo iso conforma a obra dun artista esencial. Foi un gran cultivador de novas técnicas de debuxo, litografía e 'collage' sobre novos soportes plásticos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario