10 de feb. de 2012

ARTE 40, 1ª EDICIÓN 2012

Os 40 Principais ao crear este proxecto queren ofrecer unha plataforma a novos artistas para mostrar as súas investigacións e contribuír á creación e produción contemporánea.
A través dunha convocatoria nos medios do grupo Prisa a nivel nacional, Arte 40 busca motivar a artistas, estudantes de arte e creadores en xeral, a participar enviando as súas propostas para formar parte dunha exposición no "c arte c" da Universidade Complutense de Madrid do 10 de abril ao 10 de maio de 2012.
As disciplinas aceptadas son: pintura, debuxo, escultura, instalación, fotografía, vídeo, performance, son e new media; seleccionadas por un Comité de Expertos que outorgará 3 premios de 10.000 , 6.000 e 4.000 euros ás propostas máis innovadoras. De forma paralela á exposición realizaranse actividades complementarias multidisciplinares que crearán unha plataforma de encontro entre o mundo da arte e os novos artistas. Máis información

Ningún comentario:

Publicar un comentario