11 de feb. de 2012

"PRESENZA ACTIVA, ACCIÓN, OBXECTO E PÚBLICO" NO MUSEO MARCO


A acción e a instalación, como disciplinas artísticas, son espello unha da outra. De feito, ambas as dúas están baseadas no mesmo principio de presenza; de presenza activa. Na performance, a presenza do artista; na instalación, a do espectador. Así, reflectidas unha na outra, instalación e acción toman direccións opostas pero superpostas, creando un eixe entre dous polos —o artista e o espectador— ao longo do cal existen infinitas posibilidades de interacción.
Datas: 9 febreiro 2012 - 2 setembro 2012
Lugar: salas de exposicións da planta baixa
Horario: martes a sábados (festivos incluidos) de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00, domingos, de 11.00 a 14.30 
Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo/ LABoral, Centro de Arte y Creación Industrial, Gijón


Ningún comentario:

Publicar un comentario