14 de feb. de 2012

MIGUEL VÁZQUEZ INAUGURA A IIª EDICIÓN DO PROXECTO EXPOSITIVO A MESA


O mestre de cerámica artística da nosa Escola, o escultor vigués Miguel Vázquez,  mostra por primeira vez ao público a súa faceta como ceramista de obxectos utilitarios. Este 18 de febreiro de 2012 ás 21.00 h. inaugúrase a II Edición do Proxecto Expositivo "A MESA".

A mesa é un proxecto expositivo que consiste na programación de exposicións de duración bimensual cuxo espazo é unha mesa de 63 x 229 cm , onde cada artista invitado, mostra a súa particular visión do deseño dos útiles que usamos habitualmente nas nosas mesas.

É en ALFAR, unha tenda de cerámica e xoiería de autor onde se desenvolve este proxecto expositivo. Situada en Vigo, na rúa Hernán Cortés, nº 4, os seus propietarios, Monse Mazas e Eduardo Alonso levan anos apostando pola difusión da cerámica tradicional e contemporánea, así como por un tipo de xoiería moi especial.
Nesta II Edición da MESA de Alfar, o primeiro artista participante é o escultor Miguel Vázquez (Vigo, 1956). Un consolidado artista cuxo traballo máis coñecido é a súa obra escultórica, presente en numerosas coleccións do Estado español e en países como Francia, Croacia, Xapón, China ou Alemaña. Pero Miguel Vázquez, como ceramista de oficio, leva moitos anos realizando tamén obxectos utilitarios que reserva para o seu ámbito privado, uso persoal e os seus amigos máis achegados.
Esta é a primeira vez que Vázquez mostra ao público a súa visión dos obxectos cotiáns da comida e a cociña, como fontes, pratos , vasos, boles, etc. concibidos desde a simplicidad e a naturalidade, parte de formulacións próximas á tradición oriental, atraído pola importancia que nesas culturas dáselle a estes colectores cotiáns que son apreciados como auténticos obxectos artísticos nos fogares. Miguel busca nestes recipientes a desnudez da materia e intervena pictóricamente de forma moi espontánea, conferindo a cada obxecto unha interesante singularidade. 

DÍA: 18 de febreiro de 2012, ás 21 h.
LUGAR: Alfar, na rúa Hernán Cortés, nº 4, Vigo

Ningún comentario:

Publicar un comentario