26 de feb. de 2012

"NUEVAS LUCES DESDE EL SOTANO" É A NOVA EXPOSICIÓN DO GRUPO SOTANO 5


Grupo Soto 5 nace no ano 2009 na Escola de Artes e Oficios (EMAO) de Vigo, froito do encontro entre os alumnos de serigrafía artística e o seu mestre, o pintor e artista multidisciplinar Nelson Villalobos.
"Novas luces desde o soto []" é unha mostra de máis de 20 pinturas orixinais e serigrafías tan heteroxéneas no seu estilo e execución como as personalidades disímiles dos artistas que as alumaron. Trátase da segunda exposición do colectivo Grupo Soto 5, que se presentou por primeira vez en Vigo o ano 2011, na sala de exposicións do BBVA.
Na actualidade, os artistas que compón este ecléctico colectivo comparten estudo de pintura, lugar máxico onde se conxugan estilos, onde pon en común os seus traballos, onde se debate sobre correntes artísticas e pintores de todas as épocas, pero especialmente contemporáneos. Unha auténtica cova poboada de musas e aroma de pintura e disolvente. Os compoñentes do Grupo Soto 5 son Aída Pérez, Mayoya, Fina Fernández, María Mariño, María do Río e Alberto Granada.
Lugarna Galería de Arte Androx, Vía Norte, 22 (galería multicines norte)
De luns a venres, de 19:00 a 21:00 hrs., de 2 de marzo ao 29 de marzo de 2012.
Contacto: sotanocinco@hotmail.com        

Ningún comentario:

Publicar un comentario