14 de feb. de 2012

"O ESPELLO INVERTIDO" NO MUSEO GUGGENHEIM DE BILBAO



Do 31 de xaneiro ao 2 de setembro de 2012, o Museo Guggenheim Bilbao acollerá a exposición: O espello invertido, unha magnífica selección de obras, provenientes de dúas destacadas coleccións de arte contemporánea, pertencentes aos movementos e correntes artísticas máis significativos desde a segunda metade do século XX ata a actualidade como Dau ao Set, o grupo El Paso, a Escola de Vancouver ou a Escola de Düsseldorf.
A mostra inclúe fotografías, pinturas, publicacións, esculturas, instalacións e vídeos de 52 recoñecidos artistas como Antoni Tàpies, Sigmar Polke, Julian Schnabel, Jeff Wall,Martha Rosler, Michelangelo Pistolletto, Thomas Ruff, Gillian Wearing, Bruce Nauman, Andreas Gursky, Martín Chirino e Antonio Saura, entre outros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario