14 de feb. de 2012

V XORNADAS AUDIOVISUAIS SOBRE CERÁMICA EN NIGRÁN


Este xoves 16 de febebreiro do 2012 proxectarase o audiovisual: ¿QUE TES DEBAIXO DO CHAPEU ? Ás 19:00 h no Centro Antena do Concello de Nigrán.
Directores : Lola Barrera -Iñaki Peñafiel
Ano : 2006
Duración : 75 minutos
"¿Que tes debaixo do chapeu?" Conta a vida de Judith Scott , unha escultora norteamericana de 62 anos á que lle chega o recoñecemento internacional logo de vivir 36 anos nunha institución psiquiátrica. Judith ten Síndrome de Down e é sordomuda. A súa historia, contada a través da súa irmá gemela, Joyce, sen discapacidad, é o detonante dunha película que viaxa ao Creative Growth Art Center en California e descobre a outros personaxes que como Judith buscan expresarse a través da arte.

Ningún comentario:

Publicar un comentario