THE SEPTEMBER ISSUE
DOCUMENTAL: MODA+ARTE
Mércores, 28 de marzo de 2012, ás 20.00 horas
Mércores, 28 de marzo de 2012, ás 20.00 horas
Para pechar o ciclo de conferencias Historia da Moda e a súa relación coa Arte, o Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa presenta este documental sobre Anna Wintour a lendaria editora xefe da revista Vogue e a figura máis poderosa e influente do mundo da moda.
Cun look moi definido, sempre escondida tras a súa característica melena e as súas soadas lentes de sol, nunca ata este momento permitira que ninguén se penetrase nas reviravoltas da súa redacción. Agora, o realizador R. J. Cutler introduce ao espectador nun mundo que ata ese momento cría coñecer.
Ano tras ano, cando chega agosto, a xente corre aos quioscos para facerse co número de setembro de Vogue. A edición do ano 2007 foi, e aínda hoxe segue sendo, a máis grande da historia, R. J. Cutler descóbrenos todo o que aconteceu durante a súa preparación.

Ningún comentario:
Publicar un comentario