Inauguración venres día 30 de marzo, a partir das 20:30 hrs.
Coa actuación en vivo de CLAVE DE FADO
Alberto Granada (Zaragoza, 1970), antigo alumno de serigrafía artística na nosa Escola, inaugura exposición este próximo venres en Detrás do Marco Café (rúa Londres, Vigo). A mostra consta de 15 orixinais que se poden ver dende o 26 de marzo ata o 29 de abril.
Alberto provén do mundo do cómic e a ilustración, onde recibiu varios galardóns e realizou diferentes publicacións. Viviu e pintou en Zaragoza, París, Alcalá de Henares e Vigo. Galicia adoptoulle no 2007, realizou exposicións individuais en Vigo, Zaragoza, Monforte de Lemos, Monçao (Portugal) e A Coruña. O ano pasado presentou no Museo Pazo de Tor a instalación "Lois Pereiro no Pazo de Tor", primeiro proxecto seleccionado pola Rede Museística Provincial de Lugo, dentro do proxecto "Espazos públicos de visibilidade".
A súa pintura viaxa desde o surrealismo figurativo e simbolista á abstracción máis colorista, pero sempre cun pouso escuro e dramático, herdanza dos tempos convulsos que nos tocou vivir.
Fans: http://www.facebook.com/#!/pages/Alberto-Granada-painter/226041204113191A súa pintura viaxa desde o surrealismo figurativo e simbolista á abstracción máis colorista, pero sempre cun pouso escuro e dramático, herdanza dos tempos convulsos que nos tocou vivir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario