25 de abr. de 2012

EMAO E ETRAD COMPARTEN A CHEGADA DOS MAIOS

Estudiantes das Escolas Municipais de Música Folk e Tradicional (e-Trad) e de Artes e Oficios (EMAO) celebran de maneira conxunta a festa tradicional dos maios.
O venres 27 de abril ramatarase o maio tradicional que se confecciona no patio do edificio;  asemade decoraranse as   portas e fachadas dos edificios das rúas García Barbón e Pontevedra que albergan ás dúas escolas.

O venres 27 de abril de 17:00 a 18:00h, para que todo o mundo poida participar deste interesante evento, haberá un curso intensivo de cantares dos maios no salón de actos. Este curso precederá á mostra na escola e á saida do maio polas rúas da cidade.
¡Animádevos a participar!

Texto enviado polo alumnado participante da EMAO/ETRAD:

"Un grupo de alumnos da E-Trad xunto con outro da E.M.A.O., puxéronse de acordo para elaborar unhas decoracións para as portas principais de ambas escolas para celebrar os Maios deste ano.

Foi unha actividade moi agradecida, polas cores, as formas, as ideas, todo un traballo en equipo e con moita colaboración desinteresada por parte de todos os participantes. O importante de todo isto é o gozar mentres se vai facendo, deixarse levar, deixar saír o neno que levamos dentro, con total liberdade creativa.

Durante o tempo deste proceso creativo e artístico moitos foron os que comentaron, tanto dentro como fóra das escolas, que oxalá isto sexa o principio de máis actividades artísticas entre os alumnos por e para eles, xa sexa entre os de cada escola por separado ou entre os das dúas como foi este caso.

Hai moita arte neste edificio que hai que mostralo a todo o mundo, aos compañeiros dos demais talleres e aos habitantes desta cidade, e por que non!?, ao mundo enteiro!. Hoxe día grazas ás redes sociais e á comunicación vía internet podemos facer que chegue a todos os recunchos. Nesta cidade fai falta RUÍDO", moito  RUÍDO ARTISTICO, RUÍDO SAN E DIVERTIDO.

Para algo estamos a estudar arte (plástico, artesanal, un oficio artesanal, un oficio artístico, sonoro, musical, danza, tradición,...) e formándonos como profesionais cada un no campo que elixiu.

!QUE VIVAN OS MAIOS!, e sobre todo.... !QUE VIVA A ARTEEEE!!!!!!."

Alumn@s da E-Trad e da E.M.A.O.

Ningún comentario:

Publicar un comentario