30 de abr. de 2012

GRANDES ENCADERNACIÓNS NAS BIBLIOTECAS REAIS (S. XV - S. XXI)



O pasado día 25 de abril abriuse ao público a exposición Grandes Encadernacións nas Bibliotecas Reais (S. XV - S XXI) no Palacio Real de Madrid, organizada por Patrimonio Nacional, que permanecerá aberta ata o 2 de setembro de 2012.
A exposición reúne por primeira vez o extraordinario tesouro de encadernacións conservado na Real Biblioteca do Palacio Real de Madrid e nas bibliotecas dos mosteiros del Escorial, as Huelgas, as Descalzas e a Encarnación, ademais de reloxos, pinturas, tapices e outras pezas procedentes todos dos fondos de Patrimonio Nacional. Nas once salas que ocupa a exposición móstranse máis de 450 obras de arte que revelan a importancia e singularidade da encadernación nas bibliotecas reais desde o século XV ata a actualidade.
A mostra está organizada sobre tres eixos: procedencias, funcións e linguaxe decorativa. Así, o visitante descobre as principais fontes destes fondos, os papeis que desempeñan as encadernacións na corte e as técnicas decorativas que se utilizan nas encadernacións. Xunto ás pezas máis luxosas das coleccións, tamén se expón os exemplares máis correntes realizados en pergamiño e as encadernacións industriais que chegaron ás bibliotecas privadas dos reis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario