23/04/2012

MOSTRA DO TRAXE MURADÁN NO MUSEO DO POBO GALEGO


O labor de recollida de campo e estudo sobre a indumentaria da vila de Muros, realizado polo Grupo Etnográfico das Mariñas, achégase ao público a través desta mostra que intenta amosar todo o esplendor do traxe tradicional dunha área que, a través da literatura, chegou a se converter en paradigma do traxe galego. 
A mostra é froito dun traballo de recollida de campo in situ, e está integrada por pezas e recreacións fidedignas de traxes de loito, de levar a cote, de festa e cerimonia, xunto con fotografías familiares cedidas polas casas, que datan entre mediados do século XIX a máis antiga ata os anos vinte do século pasado, onde podemos ver e apreciar o traxe en todo o seu esplendor. Todo un extenso e rigoroso labor que está recollido no libro O Traxe Muradán.
O horario é o seguinte:
De martes a sábado de 10 a 14 horas e de 16 a 20.
Domingo de de 11 a 14 horas
Luns pechado

Ningún comentario:

Publicar un comentario